
o primeiro visitante

falando cos veciños
Pasado o día de apertura, teño que decir que precisamente por chegar de fóra, cometín algúns erros, chameille casa do mestre cando o espazo que utilizo é a antigua escola Torrecino (é realidade é un mesmo edificio dividido en dúas partes).
Tamén quero falar dos compoñentes da asociación Retrouso que teñen un mérito bárbaro con todalas actividades que sacan adiante cos medios máis precarios, intentei respetar os debuxos pegados na parede das nenas que ensaian no local, mesturándonos co que fun pegando eu.
Foi moi gratificante falar cos representantes da asociación de veciños, tivemos un debate interesante sobre ó que é vivir nunha parroquía como Cela ou vivir nun barrio de Vigo e Pontevedra (entre os visitantes tamén había algún nostálxico de Bueu que vive en Pontevedra)
O día seguinte de abrir a exposición, o sábado, coñecín a Dani que estudou enxeñería en Barcelona, os seus pais estaban plantando patacas do cedo debaixo dunha viña o día da inauguración, dixéronlle que estaba montando algo no local, e apareceu o sábado antes da sua clase de gaita. Falamos moito sobre o que cambia a perspectiva cando estudas fóra e voltas.
Nestas ocasións un dase conta ata que ponto somos endogámicos en cada sector, nas inauguracións en museos casi sempre somos os mesmos, e asegúrovos que a experiencia está a ser moi gratificante xustamente porque coñeces xente que sae adiante polo seu propio esforzo, polas ganas de aprender gaita, acordeón, baile, ou canto, como debería ser no arte , que debe ser unha teima miña pero sempre aparece o eco da cultura da queixa.....
Gracias a todos os que pasastes por alá; a familia e amigos, tamén.